
Festicultores Troupe

Unha banda con máis de sete anos de historia e unha habilidade irrebatible: a de cultivar a festa máis vigorosa alá onde vai a base de música, humor, baile e desinhibición cerebral. O triángulo máxico do Entroido é o seu berce e a música balcánica a súa fonte de inspiración.
Todo comeza cando unha noite de lúa chea Emilio Oro sofre unha transformación xenética e cerebral que o levou a converterse na Kabra Macabra. Logo de meses de andaina co seu carriño de música itinerante e moita vida social decide recrutar tropa para revolucionar o mundo das charangas en Galicia. A primeira formación do grupo quedou así integrada por Yuri Brinkas (cantante), Antonio Feijóo Soto (guitarra), Martín el Labio (trompeta), Alex Díaz (saxo), Gustavo Agasi (caixa), Xurxo Troncoso (bombo), Manuel Lousas (violín) e Emilio Oro (teclado), aos que logo se une Miguel Rumbao (baixo).
A formación estréase no Corpus de Ourense nunha noite regada con viño, na que se ve na obriga de repetir o repertorio tres veces. Comeza así a tocar nunha morea de festas e festivais e artella o seu primeiro show: Rumaníacos, a cerimonia do cultivo da sagrada semente da festicultura que fai abrollar o espírito festeiro polo mundo adiante. Logo veu o espectáculo As Kabras Chouteiras, que mestura sketch, música e humor .Con E.G.F.A. (Exército Gherrilleiro das Festas Armadas) chegaron a acompañar a Manu Chao e Radiobemba na fin de xira europea en Baiona (Francia) e percorreron países coma Serbia, Polonia, Francia ou Portugal. Ademais, gañaron o Premio do Público no Festival Internacional Haizetara de Amorebieta e compartiron cartel con grupos internacionais coma Gogol Bordello, Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra ou Fanfare Ciocarlia.
O ano pasado presentaron nova formación e novo espectáculo. Gustavo Agasi "O pellizcos", Anxelo de Xermar "Torturillas", Xiñor Tonichi "O Tortas", Nico "O Cachelitos", Iago "Mordisquitos", Carlos Alberto "O Traidor" e Emilio Oro "O Mamador Líder", sete das persoas máis tímidas do mundo conseguen transformar o sufrimento nun goce inimaxinable en Os Sadomusiquistas, un espectáculo no que liberan un tsunami de endorfinas e converten cada verbena pola que pasa na maior pista de sadobaile do mundo. Levan unha tempada xirando e ameazan con facelo moitas máis. Para iso acaban de presentar disco: Os sadomusiquistas, unha festa dolorosamente pracenteira.
Una banda con más de siete años de historia y una habilidad irrebatible: la de cultivar la fiesta más vigorosa allá donde va a base de música, humor, baile y desinhibición cerebral. El triángulo mágico del Carnaval es su cuna y la música balcánica su fuente de inspiración.
Todo comienza cuando una noche de luna llena Emilio Oro sufre una transformación genética y cerebral que lo lleva a convertirse en la Kabra Macabra. Después de meses de andadura con su carrito de música itinerante y mucha vida social decide reclutar tropa para revolucionar el mundo de las charangas en Galicia. La primeira formación del grupo quedó así integrada por Yuri Brinkas (cantante), Antonio Feijóo Soto (guitarra), Martín el Labio (trompeta), Alex Díaz (saxo), Gustavo Agasi (caixa), Xurxo Troncoso (bombo), Manuel Lousas (violín) y Emilio Oro (teclado), a los que después se unió Miguel Rumbao (baixo).
La formación se estrena en el Corpus de Ourense en una noche regada con vino, en la que se ve en el deber de repetir el repertorio tres veces. Comienza así a tocar en un montón de fiestas y festivales y monta su primer show: Rumaníacos, la ceremonia del cultivo de la sagrada semilla de la festicultura que hace brotar el espíritu festivo por todo el mundo. Después vendría el espectáculo As Kabras Chouteiras, que mezcla sketch, música y humor. Con E.G.F.A. (Exército Gherrilleiro das Festas Armadas) llegaron a acompañar a Manu Chao y Radiobemba en el fin de gira europea en Bayona (Francia) y recorrieron países como Serbia, Polonia, Francia o Portugal. Además, ganaron el Premio del Público en el Festival Internacional Haizetara de Amorebieta y compartieron cartel con grupos internacionales como Gogol Bordello, Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra o Fanfare Ciocarlia.
El año pasado presentaron nueva formación y nuevo espectáculo. Gustavo Agasi "O pellizcos", Anxelo de Xermar "Torturillas", Xiñor Tonichi "O Tortas", Nico "O Cachelitos", Iago "Mordisquitos", Carlos Alberto "O Traidor" y Emilio Oro "O Mamador Líder", siete de las personas más tímidas del mundo consiguen transformar el sufrimiento en uno disfrute inimaginable en Los Sadomusiquistas, un espectáculo en el que liberan un tsunami de endorfinas y convierten cada verbena por la que pasa en la mayor pista de sadobaile del mundo. Llevan una temporada girando y amenazan con hacerlo muchas más. Para eso acaban de presentar disco: Os sadomusiquistas, unha festa dolorosamente pracenteira.





